jueves, 28 de octubre de 2010

Momentos estelares de Econolandia


"...Unha lección de historia económica novelada" "...Unha viaxe ao pasado para enteder a nosa evolución económica e social" "...Econolandia nun país ás veces imaxinario ás veces real, que resume as crenzas, problemas e preocupacións dos seus habitantes, uns de carne e óso, e outros estereotipados do mundo da Economía"

La buena suerte


Fai moito tempo, nun reino afastado, Merlín convocou a todos os cabaleiros do reino e díxolles: «en sete noites, o Trevo Máxico das Catro Follas, o trevo que proporciona sorte ilimitada ao que o posúe, nacerá nalgún lugar do bosque encantado».

Quen aceptará o reto de ir ao Bosque Encantado en procura do Trevo Máxico?

Con esta frase comeza a lenda da Boa Sorte, un libro inspirador e extraordinariamente positivo: unha fábula mediante a cal desvélanse as claves da Boa Sorte e a prosperidade tanto para a vida como para os negocios.

Coñece os 10 mandamentos para facer que a boa sorte convértase en aliada.

Emprendedores: 25 casos de éxito en el mundo empresarial


Pedro Meyer o autor de este libro está ao frente do programa de RNE Emprendedores, un programa emblemático no que se daban cita persoeiros de toda índole que narraban as súas experiencias como emprendedores. Neste libro recóllense algunhas desas entrevistas con autores que dan ao lector pautas para levar a cabo o seu proxecto e superara os seus temores, dificultades e dúbidas. Recollense testimonios tan senlleiros como o dos creadores de Panda, AC Hoteles, Kukuxumusu...

El libro negro del emprendedor


Ser emprendedor é unha postura vital, unha forma de enfrentarse ao mundo que implica disfrutar ca incerteza e a inseguridade do que ocurrirá mañá. Non existen ideas brilante que por si soas den lugar a negocios redondos: o esencial é como un concepto se leva á práctica. Nembargantes, o 90% das inicitivas fracasan e só o 3% dos manuais de empresa se adican a explicar por que. Neste libro o autor analiza os factores clave do fracaso e define os rasgos que debe reunir un verdadeiro loitador.

Psiconomía


¿Por que a economía non se comporta de forma racional? Aprende a identificar os espexismos que se esconden detrás das decisións económicas da vida cotián e as grandes dosis de irracionalidade que se esconden detrás de decisións aparentemente racionais. Moi recomendable.

miércoles, 27 de octubre de 2010

Economía del cambio climático

A partir da revolución industrial a temperatura da Terra aumentou 0,8% ºC, e de manterse o modelo enerxético actual, subira mais de 6,5ºC nos próximos cen anos. Este aumento bastará para alterar definitivamente as condicións de vida de todas as especies. O autor alerta sobre a necesidade de actuar agora. Nembargantes, advirte que de facelo non so implica estudiar a conveniencia de regular as emisións de gases de efectos invernadoiro, senon que ademais esixe aplicar novos modelos económicos e empreder acións a moi longo plazo.