miércoles, 21 de octubre de 2009

Historia do Pensamento Económico

Libro técnico, mais para universitarios que bachilleres, pero que permite un achegamento moi completo aos principais autores teóricos da ciencia económica, con interesantes apuntes biográficos. Fai un percorrido dende a escolástica e o mercantilismo ata as principais correntes do pensamento actual, con especial referencia á escola clásica (Smith, Ricardo, Malthus, Say e Mill, principalmente), Marx, as diferentes escolas neoclásicas (Menger e a escuela austríaca, Walras e a escola de Lausana e Marshall e a escola de Cambridge) e Keynes.
Entre o material complementario destaca un apéndice sobre os premios Nobel de Economía e as súas aportacions, dende su creación en 1968 hasta la actualidad.
Indispensable como libro de consulta.

Viajes por Econolandia: una guía para entender la vieja y la nueva economía

Aprender economía sempre é útil. Viaxar resulta agradable e ábrenos novos horizontes. Os relatos novelados coma iste axudan ao entretenemento e preséntannos persoaxes e situacións que están entre o fio do real e o imaxinario que podería suceder.

Viaxes por Econolandia é unha novela de argumento económico, un libro de viaxes e unha guía para aprender economía, todo ao mesmo tempo.

Da man dun especialista en economía e dun periodista económico dese país semiimaxinario que é Econolandia, o lector visitará países reais, como Ecuador, Méxio, India e Tanzania. Alí aprenderá economía facilmente observando con atención a vida de cada día. En resumo, un libro actual e entretido que trata, tanto da economía tradicional como da nova economía. Unha visión global e imaxinativa do que é e pode ser a economía do século XXI.

lunes, 19 de octubre de 2009

La crisis ninja


Amena e sinxela explicación da actual crise financeira en palabras de Leopoldo Abadía, profesor do IESE, hoxe xubilado. Fala de crise pero de moitas cousas mais. Podes aproximarte ao libro no seu blog ou na entrevista que lle fixeron no programa de Andreu Buenafuente.

Señores de Galicia

Investigación periodística de Julián Rodríguez sobre as entretelas dos principais empresarios galegos: dente Amancio Ortega a Tojeiro, pasando por Unión Fenosa e o Banco Pastor. Un cúmulo de referencias biograficas de indudable interés.

Empresarios de Galicia (II)


Segundo volume de biografías de empresarios galegos dos séculos XIX e XX que complementa o traballo de investigación realizado no volume editado en 2006. Nesta segunda obra figuran, entre outros, algúns persoaxes que desenrolaron a súa labor profesiona lonxe de Galicia, sendo destacados membros das élites industriais e comerciais dos lugares onda traballaron.

Empresarios de Galicia (I)


O obxectivo desta publicación é presentar unha coleción de biografías de empresarios galegos dos últimos douscentos anos, co obxecto tanto de por de manifesto a existencia dunha pouca coñecida tradición empresarial en Galicia como de contribuir a que o empresariado pase a formar parte do elenco de persoalidades do imaxinario cultural do país, ata o de agora dominado por poetas, artists e políticos.