viernes, 17 de octubre de 2014

O capital de K. Marx, versión manga

Unha revisión actualizada e moi amena de o clásico da filosofía económica, O capital, obre cumbre de K. Marx. Proxima incorporación.

A lóxica da vida

De novo Tim Harford pone ao servicio das decisións cotidianas a lóxica racional da ciencia económica.

Pregúntalle ao economista camuflado

Estase a converter xa nun clásico: Tim Harford analiza as nosas decisións cotidianas dende a perspectiva dun economista utilizando conceptos como o custo de oportunidade e análise de rendibilidades. Moi interesante.

A economía do fraude inocente

Un pequeno libro, moi interesante, de Galbraith, o autor do concepto de empresario-tecnoestructura, denunciando o apoderamento do mercado por parte das grandes corporacións privadas. Imprescindible para formar unha conciencia crítica.

sábado, 4 de octubre de 2014

Quen se levou o meu queixo

Un clásico dos libros de autoaxuda empresarial. Coma se dun conto se tratase o autor infórmanos das atitudes mais convintes en tempos de cambio. Ameno e divertido.

Economix, cómo funciona a economía

Economix é un comic moi interesante sobre o funcionamento da economía, Recomendado para todos aqueles que vos queirades aproximar á economía dende unha perspectiva nova, utilizando a linguaxe do comic.

Emprender en 1/2 hora

Unha pequena aventura sobre o proceso de emprender e crear empresas. Unha nova incursión de José Sande e Juan Carlos Calvo no mundo do comic didáctico.
Moi recomendable para xoves emprendedores.

Economía en 1/2 hora

Una breve e amena introducción á ciencia económica cunha linguaxe nova e un formato orixinal. Altamente recomendable para os alérxicos aos libros ao uso.