viernes, 21 de noviembre de 2014

El negocio de los negocios: 1. El dinero invisible

O caso Clearstream sacudio os cementos do poder en Francia, como primeiros ministros do país veciño implicados nunha oscura trama de corrupción política na que se mezclan secreto bancario, paraísos fiscais e demais compoñentes de actualidade económica.
O periodista Denis Robert opta agora pola banda desenada para contar en primeira persoa as súas investigacións do caso. Moi recomendable.

La vuelta al mundo de un forro polar rojo

Unha forma amena de achegarse ao concepto da globalización económica, os principais axentes implicados e os grandes beneficiados e perxudicados.

Obelix e compañía

O funcionamento do mercado, a oferta, a demanda, o comercio,... importantes conceptos de economía revisitados dunha forma divertida nesta aventura de Asterix e Obelix.

La residencia de los dioses

A burbulla inmobiliaria dende a perspeciva dos heroes galos Asterix e Obélix. "Unha vida sana e feliz, digna dun deus: a menos de tres semás do centro de Roma e a unha semá apenas do centro de Lutecia" con este atractivo mensaxe publicítase a residencia que Cesar pretende construir para obligar aos irreductibles galos a aceptar a civilización romana.

viernes, 17 de octubre de 2014

O capital de K. Marx, versión manga

Unha revisión actualizada e moi amena de o clásico da filosofía económica, O capital, obre cumbre de K. Marx. Proxima incorporación.

A lóxica da vida

De novo Tim Harford pone ao servicio das decisións cotidianas a lóxica racional da ciencia económica.

Pregúntalle ao economista camuflado

Estase a converter xa nun clásico: Tim Harford analiza as nosas decisións cotidianas dende a perspectiva dun economista utilizando conceptos como o custo de oportunidade e análise de rendibilidades. Moi interesante.

A economía do fraude inocente

Un pequeno libro, moi interesante, de Galbraith, o autor do concepto de empresario-tecnoestructura, denunciando o apoderamento do mercado por parte das grandes corporacións privadas. Imprescindible para formar unha conciencia crítica.

sábado, 4 de octubre de 2014

Quen se levou o meu queixo

Un clásico dos libros de autoaxuda empresarial. Coma se dun conto se tratase o autor infórmanos das atitudes mais convintes en tempos de cambio. Ameno e divertido.

Economix, cómo funciona a economía

Economix é un comic moi interesante sobre o funcionamento da economía, Recomendado para todos aqueles que vos queirades aproximar á economía dende unha perspectiva nova, utilizando a linguaxe do comic.

Emprender en 1/2 hora

Unha pequena aventura sobre o proceso de emprender e crear empresas. Unha nova incursión de José Sande e Juan Carlos Calvo no mundo do comic didáctico.
Moi recomendable para xoves emprendedores.

Economía en 1/2 hora

Una breve e amena introducción á ciencia económica cunha linguaxe nova e un formato orixinal. Altamente recomendable para os alérxicos aos libros ao uso.

jueves, 24 de abril de 2014

Historia de la Economía

Este é o libro que estamos a ler este ano como libro de lectura na materia de Economía de 1º de bacharelato. Dentro de pouco poderás atopalo tamén na biblioteca.
Conta, cun estilo ameno e directo, a historia da organización económica da humanidade dende os seus orixes ata á actualidade. Fácil de ler e ameno e divertido.