miércoles, 21 de octubre de 2009

Viajes por Econolandia: una guía para entender la vieja y la nueva economía

Aprender economía sempre é útil. Viaxar resulta agradable e ábrenos novos horizontes. Os relatos novelados coma iste axudan ao entretenemento e preséntannos persoaxes e situacións que están entre o fio do real e o imaxinario que podería suceder.

Viaxes por Econolandia é unha novela de argumento económico, un libro de viaxes e unha guía para aprender economía, todo ao mesmo tempo.

Da man dun especialista en economía e dun periodista económico dese país semiimaxinario que é Econolandia, o lector visitará países reais, como Ecuador, Méxio, India e Tanzania. Alí aprenderá economía facilmente observando con atención a vida de cada día. En resumo, un libro actual e entretido que trata, tanto da economía tradicional como da nova economía. Unha visión global e imaxinativa do que é e pode ser a economía do século XXI.

No hay comentarios:

Publicar un comentario